Actualidade tributaria: Improcedente mantemento de avais por parte da Administración
10/11/2025
O Tribunal Supremo (TS) conclúe nesta sentenza que o prazo para o cómputo da prescrición do dereito a pedir o reembolso do custo das garantías, cando a Administración incumpre coa súa obriga de proceder á devolución de oficio delas –artigo 33 da Lei xeral tributaria (LXT) e 66.5 do Real decreto 520/2005–, se inicia no momento no que a Administración devolve a garantía constituída.
Con este criterio o TS rexeita a tese do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mantida na sentenza recorrida en casación, que declaraba prescrito o dereito a obter a devolución do custo das garantías por transcorrer máis de catro anos, contados desde a data da firmeza da resolución que anulara as providencias de prema, e consideraba que a devolución efectiva do aval non interrompera o citado prazo.