Novidades normativas do segundo trimestre de 2025: recompilación de actualizacións das ordenanzas municipais en materias delegadas no ORAL
01/07/2025
Durante o segundo trimestre de 2025 publicáronse diversas modificacións en ordenanzas fiscais de varios concellos en relación coas competencias delegadas no ORAL da Deputación de Pontevedra, tanto no que se refire aos tributos cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación lle corresponde ao citado órgano da institución provincial, coma no que atinxe á colaboración no procedemento sancionador en materia de tráfico.
A continuación, detallamos as actualizacións máis relevantes:
Concello da Estrada
Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.
Publicación no BOPPO: 07/04/2025
Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos.
Publicación no BOPPO: 07/05/2025
Concello de Oia
Modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles (IBI).
Publicación no BOPPO: 05/06/2025
Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por recollida de lixo.
Publicación no BOPPO: 05/06/2025