O inicio do prazo de prescrición para derivar a responsabilidade tributaria subsidiaria en caso de concurso de acredores
Sentenza do Tribunal Supremo núm. 666/2026, de 29 de maio de 2026, recurso de casación 8410/2023
21/09/2026
Na sentenza analízase o momento no que debe comezar a computarse o prazo de prescrición para declarar a responsabilidade tributaria subsidiaria cando a persoa debedora principal se atopa en concurso de acredores. O Alto Tribunal declara que, aínda que con carácter xeral, a actio nata xorde co auto de conclusión do concurso, o dies a quo non depende necesariamente da declaración formal de falida, senón do momento en que a Administración puido constatar de maneira obxectiva a insolvencia da persoa debedora principal, aínda que a declaración de falida se dite con posterioridade.
En consecuencia, censura os atrasos inxustificados na declaración de falida, por seren contrarios ao principio de boa administración, e estima o recurso ao considerar prescrita a acción da Administración.