ACTIVA RURAL TRANSFRONTERIZO
Innovación e coidados para unha vida activa no medio rural transfronteirizo.
ACTIVA RURAL TRANSFRONTERIZO é un proxecto orientado a promover un modelo inclusivo, accesible e sostible de coidados asistenciais no medio rural transfronteirizo.
O proxecto prevé a creación de aldeas smarthaus, concibidas como laboratorios vivos de innovación nos ámbitos do benestar, a saúde comunitaria, os coidados asistenciais e o envellecemento activo. Estas iniciativas desenvolveranse de acordo cos principios da Nova Bauhaus Europea: sostibilidade, inclusión e estética.
Novas
A Deputación organiza o mércores 2 de decembro no Edificio Administrativo o I Foro Transfronteirizo Bauhaus: Inclusión social e coidados no rural
26/11/2026
A Deputación constitúe o Comité de Dirección do proxecto Activa Rural Transfronteirizo para impulsar a innovación nos coidados e o envellecemento activo no medio rural
09/06/2026
A Deputación lidera o proxecto Activa Rural Transfronteirizo para impulsar a innovación nos coidados e o envellecemento activo no medio rural
22/04/2026