ACTIVA RURAL TRANSFRONTERIZO

RESULTADOS

ACTIVA RURAL TRANSFRONTERIZO promoverá a creación de modelos, ferramentas, recursos e experiencias innovadoras orientadas a mellorar os coidados asistenciais, o benestar e o envellecemento activo no medio rural transfronteirizo.


Entre os principais resultados previstos inclúense: o desenvolvemento dun marco estratéxico transfronteirizo de coidados, modelos de atención centrados nas persoas, solucións tecnolóxicas accesibles, itinerarios formativos, unha axenda estratéxica de envellecemento activo, redes de voluntariado interxeracional e a posta en marcha de aldeas smarthaus piloto.

O proxecto contribuirá tamén a fortalecer a cooperación entre territorios de España e Portugal, a impulsar modelos innovadores de coidados de proximidade e a favorecer a transferencia e replicabilidade das solucións desenvolvidas.

As actuacións do proxecto axudarán a mellorar a calidade de vida das persoas maiores no medio rural, promovendo a autonomía persoal, a accesibilidade aos servizos de coidados, a participación activa da cidadanía e o fortalecemento das redes comunitarias.

ACTIVA RURAL TRANSFRONTERIZO busca consolidar un modelo de coidados inclusivo, accesible e sostible, que lles permita ás persoas envellecer de forma activa, autónoma e vinculada á súa contorna e comunidade.

Logo Activa Rural Transfronteirizo  

Responsive Image