Aberto o prazo para o pagamento do IVTM DE 2025

Desde o 22 de abril ata o 23 de xuño está aberto o prazo para o aboamento do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) correspondente ao exercicio de 2025.

22/04/2025

Se non ten o seu recibo de pagamento, lembre que pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:

Información sobre as domiciliacións

A data de cargo en conta dos recibos domiciliados polo importe total de cada un será o 5 de maio.

A partir do día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario, o ORAL fará efectiva a cobranza a través da vía de constrinximento, coa inclusión dos xuros de demora e as recargas que procedan, no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar custos innecesarios.

Tramitación da domiciliación

  • Na Oficina Virtual Tributaria, de forma sinxela, rápida e segura
  • Na súa entidade bancaria, a través da solicitude correspondente
  • De maneira presencial, na nosa rede de oficinas
  • Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 400 e 886 211 420)
  • Por correo electrónico, a través do enderezo informacion.oral@depo.gal

Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas e evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa en:

Ligazóns de interese