O certificado de minusvalía en relación coa exención por minusvalía no IVTM ao abeiro da Sentenza do Tribunal Supremo 156/2020

Dirección Xeral Tributaria (DXT), consulta núm. 0009-25, de 27 de novembro de 2025

30/03/2026

Analízase se resulta axustada a dereito a retirada da exención no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) recoñecida no 2011 a unha persoa contribuínte cun grao de discapacidade do 33 %, a raíz da Sentenza número 156/2020, de 19 de febreiro, da Sala do Social do Tribunal Supremo (TS).

  • Se na ordenanza non se esixe expresamente o certificado do órgano autonómico competente (IMSERSO ou equivalente) basta con achegar algún dos documentos previstos no artigo 2 do Real decreto 1414/2006 (por exemplo, a resolución do INSS ou do ministerio competente na que se recoñece a pensión).
  • Se na ordenanza se esixe especificamente o certificado autonómico de discapacidade, será obrigatorio achegalo para manter a exención.

A retirada automática da exención pola aplicación directa da Sentenza 156/2020 non é correcta sen ter en conta o disposto na correspondente ordenanza fiscal municipal.