O Supremo restrinxe os motivos de oposición contra a providencia de constrinximento aos do art. 167.3 da Lei xeral tributaria e exclúe a nulidade
Sentenza do Tribunal Supremo núm. 219/2026, de 25 de febreiro de 2026, recurso de casación 4000/2023
09/07/2026
Nesta relevante sentenza o Tribunal Supremo resolve que a caducidade dun procedemento de derivación de responsabilidade non pode alegarse como motivo de oposición contra unha providencia de constrinximento, ao non estar prevista entre as causas taxadas do artigo 167.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria. O Alto Tribunal considera que, aínda que o acordo de derivación puidese estar afectado por un vicio de caducidade, este se lle notificou á persoa interesada e non foi recorrido en prazo, polo que adquiriu firmeza. En consecuencia, a súa eventual nulidade non pode revisarse na fase executiva mediante a impugnación da providencia de constrinximento.