A división da débeda tributaria non extingue a solidariedade entre as persoas obrigadas ao pago

Subdirección Xeral de Tributos Locais (SXTL), consulta núm. 0011-25, de 16 de decembro de 2025

27/04/2026

Na consulta analízase o alcance da responsabilidade solidaria no imposto de bens inmobles (IBI) cando existen varias persoas copropietarias dun inmoble. A Dirección Xeral de Tributos explica que cando hai cotitularidade, todas as copropietarias teñen a condición de contribuíntes do imposto. Aínda que a débeda se divida e a cada titular se lle emita o recibo correspondente á súa porcentaxe de propiedade, esta división non extingue a responsabilidade solidaria fronte á Administración. Por iso, se algunha delas non paga a súa parte, a Administración pode reclamarlle a totalidade da débeda a calquera das demais persoas obrigadas tributarias.

Esta consulta reforza o criterio seguido pola SXTL, na consulta vinculante V1123-25, de 26 de xuño de 2025, que resumíamos no boletín del ORAL núm. 6/2025 do seguinte xeito “A persoa que fai a consulta pregunta se pode pagar os recibos do IBI correspondente a un inmoble do cal é cotitular a pesar de que os recibos se xiren a nome doutra cotitular. A resposta é afirmativa, xa que é suxeito pasivo a título de contribuínte e, polo tanto, obrigada tributaria solidariamente coas restantes cotitulares.

A SXTL lembra a posibilidade que lles outorga o artigo 35.7 da Lei xeral tributaria ás persoas cotitulares de solicitar a división da liquidación, para o cal será indispensable achegar os datos persoais e o domicilio das restantes obrigadas tributarias, así como a cota de participación de todas elas no dereito de propiedade sobre o inmoble. A este respecto, é importante lembrar que o feito de que algunha das persoas cotitulares solicite a división da liquidación non extingue a solidariedade entre elas. Sobre este último aspecto pronunciouse a SXTL na consulta vinculante V0589-19, de marzo de 2019”.