Actualidade tributaria: O cambio de titularidade da licenza de obra non se pode considerar un suposto de sucesión xurídico-tributaria respecto das obrigas pendentes da ou do anterior titular en relación co ICIO e coa TLU
29/09/2025
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera que as obrigas tributarias derivadas do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) e da taxa de licenza urbanística (TLU) pendentes no momento de transmisión da licenza de obra non supoñen unha sucesión na relación xurídico-tributaria respecto da persoa adquirente. Nestes casos existe un cambio no suxeito pasivo e a obriga para a nova persoa titular nace no momento no que se transmite a licenza de obra. Por conseguinte, se a ou o anterior titular non presentou a autoliquidación e non efectuou o pagamento provisional do ICIO e da TLU, á nova titular non se lle pode esixir unha recarga por presentación extemporánea, xa que non se lle pode facer responsable do incumprimento da ou do anterior titular.