Aberto o prazo para o aboamento das taxas municipais de 2026 (primeiro trimestre)
05/02/2026
Desde o 5 de febreiro ata o 6 de abril está aberto o prazo para o aboamento das taxas municipais de 2026 (primeiro trimestre).
Se non ten o seu recibo de pagamento, lembre que pode obtelo e así evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:
- En https://ovt.depo.gal
- No correo informacion.oral@depo.gal
- Nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420
- En calquera das nosas oficinas de atención presencial
Información sobre as domiciliacións
O 5 de marzo cargaranse (na conta) os recibos domiciliados polo seu importe total.
A partir do día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario, o ORAL fará efectiva a cobranza a través da vía de constrinximento, incluídos os xuros de demora e as recargas que procedan, no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar custos innecesarios.
Tramitación da domiciliación
- Na Oficina Virtual Tributaria (OVT), de xeito sinxelo, rápido e seguro
- Na súa entidade bancaria, mediante a solicitude correspondente
- De xeito presencial, na nosa rede de oficinas
- Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 400 e 886 211 420)
- Por correo, no enderezo informacion.oral@depo.gal
Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas e así evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa:
- Na web do ORAL: https:/oral.depo.gal
- Na OVT: https://ovt.depo.gal
- Na Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia
- Nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420