Exposición pública da matrícula do IAE correspondente ao exercicio 2026
31/03/2026
Xa está aberto o período de exposición pública da matrícula do imposto sobre actividades económicas (IAE) correspondente ao exercicio de 2026 nos seguintes concellos:
- Agolada
- Arbo
- Barro
- Baiona
- Caldas de Reis
- Cambados
- Campo Lameiro
- Cangas
- A Cañiza
- Catoira
- Cerdedo-Cotobade
- Covelo
- Crecente
- Cuntis
- Dozón
- A Estrada
- Fornelos de Montes
- Gondomar
- A Guarda
- Lalín
- A Lama
- Meaño
- Meis
- Moaña
- Mondariz
- Mondariz-Balneario
- Moraña
- Mos
- As Neves
- Nigrán
- Oia
- Pazos de Borbén
- Poio
- Ponteareas
- Ponte Caldelas
- Pontecesures
- O Porriño
- Portas
- Rodeiro
- O Rosal
- Salceda de Caselas
- Salvaterra de Miño
- Sanxenxo
- Silleda
- Soutomaior
- Tomiño
- Tui
- Valga
- Vilaboa
- Vila de Cruces
- Vilanova de Arousa
O ORAL da Deputación de Pontevedra, en virtude das funcións que ten delegadas polos concellos citados en materia de recadación de ingresos públicos, pon á disposición destes a matrícula que comprende o censo de persoas contribuíntes obrigadas ao pagamento do IAE con detalle das actividades suxeitas e exentas.
A publicación oficial da exposición pública realizouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), número 61, de 31 de marzo de 2026, e estará dispoñible para a consulta da cidadanía nas dependencias dos municipios sinalados durante un período de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no BOPPO.
Unha vez rematado o período de exposición pública, as persoas contribuíntes disporán do prazo dun (1) mes para interpoñer os recursos que procedan contra os actos de inclusión, exclusión ou alteración de datos na matrícula.