O Concello debe xustificar o presuposto de feito e así a modificación do coeficiente de situación do IAE

Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Castela-A Mancha núm. 440/2025, de 10 de novembro

23/02/2026

O Tribunal Superior de Xustiza de Castela–A Mancha traslada a esta sentenza o criterio sentado polo Tribunal Supremo nas súas sentenzas do 21 de xaneiro de 2021 (Recurso núm. 2314/2019) e do 20 de xuño de 2014 (Recurso núm. 1662/2012), nas que se sinala que a falta de acreditación dos motivos —tanto na ordenanza coma no expediente administrativo— que xustifican a variación do coeficiente de situación do imposto de actividades económicas non é un simple defecto formal, posto que é un compoñente da cota que afecta o quantum do tributo.

As conclusións que se extraen desta sentenza son:

  • Os suxeitos pasivos deben coñecer os criterios determinantes da decisión municipal para poder impugnalos eficazmente.
  • As motivacións técnicas que xustifiquen o incremento do coeficiente non poden ser xerais e abstractas.
  • A non presentación de alegacións no trámite de información pública da ordenanza fiscal non é un obstáculo para a súa impugnación posterior, directa ou indirecta, xa que non é un indicativo de mala fe procesal, aínda que isto lle impida ao Pleno tomar en consideración as obxeccións que posteriormente se poñan de manifesto na vía contenciosa.
  • A falta de participación na fase de elaboración dunha disposición xeral, como é unha ordenanza fiscal, non supón renuncia nin aquiescencia co seu contido.