O Concello de Soutomaior publica a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles (IBI)
01/12/2025
O 24 de novembro de 2025 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra. Esta modificación comezará a aplicarse o 1 de xaneiro de 2026.
Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/11/24/2025076127. Tamén se pode atopar información adicional sobre os tributos delegados polo Concello de Soutomaior no ORAL, tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en https://www.depo.gal/web/oral/o-meu-concello.