O Concello de Baiona publica a modificación da Ordenanza fiscal número 7 reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de residuos municipais

04/12/2025

O 2 de decembro de 2025 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a modificación da Ordenanza fiscal número 7 reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de residuos municipais, cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra. Esta modificación comezará a aplicarse o 1 de xaneiro de 2026.

Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/12/02/2025077574. Tamén é posible atopar información adicional sobre os tributos delegados polo Concello de Baiona no ORAL, tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en https://www.depo.gal/es/web/oral/o-meu-concello.