O Concello da Estrada publica a modificación da ordenanza fiscal núm. 18
08/05/2025
O 7 de maio de 2025 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a modificación da ordenanza número 18, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa, cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra.
Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/05/07/2025028685. Tamén se pode atopar información adicional sobre os tributos delegados polo Concello da Estrada no ORAL, tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en https://www.depo.gal/es/web/oral/o-meu-concello.