O Tribunal Supremo aclara os efectos da execución extemporánea das sentenzas en materia tributaria
Sentenza do Tribunal Supremo núm. 760/2026, de 18 de xuño de 2026, recurso de casación 121/2024
31/08/2026
O Tribunal Supremo fixa como doutrina que o incumprimento do prazo de dous (2) meses previsto no artigo 104.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, para executar unha sentenza non determina a nulidade nin a anulabilidade do acto de execución ditado fóra de prazo. O Supremo distingue entre os supostos de execución de sentenza e os de retroacción de actuacións, e lembra que só nestes últimos resultan aplicables os límites temporais propios dos procedementos tributarios. Así mesmo, conclúe que a consecuencia xurídica da execución extemporánea consiste unicamente na non esixibilidade dos xuros de demora a partir do vencemento do prazo legal, sen que o atraso invalide o acto administrativo nin lle impida á Administración cumprir a resolución xudicial.