O Concello de Tui derroga a Ordenanza reguladora do estacionamento con horario limitado (zona azul) e aproba unha nova Ordenanza reguladora do sistema de control de matrícula por cámaras do acceso de vehículos a zonas con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta)

23/01/2026

O 20 de xaneiro de 2026 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) a derrogación da actual Ordenanza reguladora do estacionamento con horario limitado (zona azul) e a aprobación dunha nova Ordenanza reguladora do sistema de control de matrícula por cámaras do acceso de vehículos a zonas con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta), cuxa xestión, liquidación e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra. A entrada en vigor desta nova ordenanza producirase no prazo de 15 días hábiles, contados desde a publicación do texto íntegro do acordo no BOPPO, e sen prexuízo do disposto na súa disposición transitoria.

Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/01/20/2026002362. Tamén é posible atopar información adicional sobre os tributos delegados polo Concello de Tui no ORAL, tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en https://www.depo.gal/es/web/oral/o-meu-concello.