O Concello do Porriño publica a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles

14/10/2025

O 13 de outubro de 2025 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles (IBI), cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra. Esta modificación comezará a aplicarse o 1 de xaneiro de 2026.

Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/10/13/2025067396. Tamén se pode atopar información adicional sobre os tributos delegados polo Concello do Porriño no ORAL, tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en https://www.depo.gal/es/web/oral/o-meu-concello.