Taxa de recollida de residuos e taxa de tratamento. Compatibilidade e principios
Subdirección Xeral de Tributos Locais (SXTL), consulta vinculante núm. V0165-26, de 29 de xaneiro de 2026
15/06/2026
A SXTL considera conforme a dereito a esixencia simultánea dunha taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos e outra polo tratamento destes, sempre que ambas as dúas respondan a feitos impoñibles diferenciados e a servizos prestados por entidades distintas.
Na resolución lémbrase que as entidades locais poden establecer estas taxas mediante as correspondentes ordenanzas fiscais, debidamente aprobadas e publicadas conforme ao Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL). En materia de xestión tributaria, aclárase que a alta inicial debe notificárselle individualmente á persoa contribuínte, mentres que as liquidacións periódicas poden comunicarse colectivamente mediante edictos. Así mesmo, sublíñase que as taxas deben respectar os principios de transparencia, proporcionalidade e capacidade económica, sen que a súa contía poida exceder o custo real ou previsible do servizo.
Finalmente, a SXTL destaca a necesidade de incorporar informes técnico-económicos que xustifiquen a cobertura dos custos do servizo e garantan a suficiencia e adecuación da exacción tributaria.