A Mancomunidade de Concellos do Morrazo publica a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de xestión dos residuos sólidos urbanos
24/02/2026
O 23 de febreiro de 2026 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de xestión dos residuos sólidos urbanos, cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra. A devandita modificación comezará a aplicarse o 1 de xaneiro de 2027.
Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/02/23/2026008821. Tamén é posible atopar información adicional sobre os tributos delegados pola Mancomunidade de Concellos do Morrazo no ORAL, tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en https://www.depo.gal/es/web/oral/o-meu-concello.