ACCIÓNS

As accións do proxecto “AWAVES” estrutúranse en distintos paquetes de traballo (work packages), que organizan as principais liñas de actuación para a identificación, valorización e transmisión do patrimonio marítimo no espazo atlántico, combinando investigación, innovación dixital, participación cidadá e novas experiencias culturais vinculadas ao mar.


PAQUETE DE TRABALLO 1: Mapeo do patrimonio atlántico. Cartografía e “memoria viva”

Este paquete de traballo ten como finalidade identificar, documentar e poñer en valor o patrimonio cultural marítimo do espazo atlántico, especialmente aquel menos visible ou de carácter inmaterial ligado á memoria colectiva, ás tradicións e aos coñecementos das comunidades costeiras.

A través de ferramentas dixitais e recursos interactivos, “AWAVES” impulsará novas formas de rexistro, conservación e difusión do patrimonio marítimo atlántico, facilitando o acceso ao coñecemento e contribuíndo á súa transmisión ás futuras xeracións.

Actividades principais:

  • Desenvolvemento dunha cartografía dixital do patrimonio marítimo (nautical chart).
  • Creación dun arquivo dixital de memoria colectiva (Atlantic memorial wall).
  • Desenvolvemento dunha plataforma dixital interactiva de documentación e acceso ao patrimonio.
  • Identificación e rexistro de elementos do patrimonio cultural marítimo atlántico.
  • Recollida de testemuños, relatos e memoria oral vinculada ás comunidades costeiras.

PAQUETE DE TRABALLO 2: Encontros vivos. Experiencias inmersivas e sensoriais do mar

Este paquete céntrase na creación de experiencias participativas e inmersivas que permitan achegarlle á cidadanía o patrimonio marítimo desde unha perspectiva vivencial, emocional e sensorial.

“AWAVES” promoverá accións orientadas á participación activa das comunidades locais, á transmisión interxeracional do coñecemento e á creación de espazos de encontro e intercambio arredor da cultura marítima atlántica.

PAQUETE DE TRABALLO 3: Innovación navegable

Este paquete promove a innovación, a experimentación e a creación de novas ferramentas de transmisión cultural mediante o uso da tecnoloxía, a participación social e a colaboración entre territorios.

“AWAVES” aposta por formatos innovadores de aprendizaxe, creación colectiva e difusión cultural, integrando cultura, tecnoloxía e cooperación como ferramentas para valorizar o patrimonio marítimo atlántico.

  • Desenvolvemento de escolas itinerantes (itinerant schools).
  • Organización de hackathons internacionais e espazos colaborativos de innovación.
  • Creación de contidos dixitais e novas narrativas culturais (wave culture).
  • Desenvolvemento de ferramentas participativas de aprendizaxe e experimentación.
  • Difusión innovadora do patrimonio marítimo a través de formatos culturais e tecnolóxicos.
Responsive Image