O PROXECTO

O proxecto “AWAVES” nace coa finalidade de identificar, documentar, protexer e difundir o patrimonio cultural marítimo do espazo atlántico, especialmente aquel patrimonio menos visible ou de carácter inmaterial que forma parte da memoria colectiva das comunidades costeiras.


Ademais, aposta por unha visión innovadora da cultura marítima atlántica, combinando tecnoloxías dixitais, experiencias inmersivas e metodoloxías participativas para crear novas formas de conexión entre patrimonio, cidadanía e turismo sostible.

A través da cooperación entre entidades de España, Portugal, Francia e Irlanda, “AWAVES” promove o intercambio de coñecemento, o desenvolvemento de ferramentas innovadoras e a posta en marcha de accións piloto que contribúan á valorización do patrimonio marítimo como recurso cultural, social e turístico.

Obxectivos

  • Protexer e valorizar o patrimonio cultural marítimo atlántico.
  • Impulsar modelos de turismo cultural sostible vinculados á identidade atlántica.
  • Desenvolver ferramentas dixitais innovadoras para a documentación e difusión do patrimonio.
  • Favorecer a participación cidadá e a transmisión interxeracional do coñecemento.
  • Reforzar a cooperación entre territorios atlánticos europeos.

Datos técnicos do proxecto

  • Programa: “Interreg Espazo Atlántico” 2021–2027
  • Convocatoria: terceira
  • Financiación: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
  • Socio líder: Deputación de Pontevedra
  • Duración: 29 meses
  • Inicio: 03/11/2025
  • Fin: 03/05/2028
  • Orzamento total elixible: 1.748.212,00 €
  • FEDER total (75 %): 1.311.159,00 €
  • Orzamento elixible da Deputación de Pontevedra: 537.621,00 €
  • Subvención concedida á Deputación de Pontevedra: 403.215,75 €
Responsive Image