Rutas Sensoriais AWAVES
OBRADOIROS DE MARISQUEO
Escoita o Atlántico
Descubre o marisqueo cos cinco sentidos
As Rutas sensoriais de marisqueo son unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que ten como obxectivo achegar a cidadanía ao patrimonio marítimo e marisqueiro da provincia a través de experiencias participativas, educativas e sensoriais vinculadas ao marisqueo artesanal.
As actividades desenvolveranse en distintos areais da provincia de Pontevedra no marco do proxecto europeo "AWAVES" (ondas atlánticas para promover un turismo e un patrimonio sustentables, equitativos e innovadores), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg Atlantic Area 2021-2027.
Os areais das rías de Pontevedra, Vigo e Arousa onde estas se levarán a cabo son os seguintes:
- Praia da Barra
- Deilán
- Os Praceres
- Ameixal
- Combarro Pobo e Combarro A Seca
- Praia de Compostela
- Praia do Aguiúncho
- Praia do Esteiro
PROGRAMACIÓN
Recóllense a continuación as datas e zonas propostas para realizar as rutas no mes de agosto.
Data de inscrición: 22/07/2026 ás 9 h
| Data | Zona de visita | Horario | |
|---|---|---|---|
| 3/08/26 | Ruta 1 | Ameixal (Campelo), Confraría de Pontevedra | 12-14 h |
| 4/08/26 | Ruta 1 | Os Praceres, Confraría de Lourizán | 12-14 h |
| 5/08/26 | Ruta 1 | Combarro A Seca, Confraría de Raxó | 12-14 h |
| 11/08/26 | Ruta 1 | Praia do Aguiúncho, Confraría da Illa de Arousa | 9:30-11:30 h |
| 12/08/26 | Ruta 1 | Combarro Pobo, Confraría de Raxó | 9:30-11:30 h |
| 12/08/26 | Ruta 2 | Combarro Pobo, Confraría de Raxó | 9:30-11:30 h |
| 13/08/26 | Ruta 1 | Ameixal (Campelo), Confraría de Pontevedra | 10-12 h |
| 13/08/26 | Ruta 2 | Ameixal (Campelo), Confraría de Pontevedra | 10-12 h |
| 14/08/26 | Ruta 1 | Ameixal (Campelo), Confraría de Pontevedra | 11-13 h |
| 14/08/26 | Ruta 2 | Ameixal (Campelo), Confraría de Pontevedra | 11-13 h |
| 17/08/26 | Ruta 1 | Praia do Aguiúncho, Confraría da Illa de Arousa | 12-14 h |
| 18/08/26 | Ruta 1 | Praia da Barra, Confraría de Redondela | 12-14 h |
| 19/08/26 | Ruta 1 | Praia da Barra, Confraría de Redondela | 12-14 h |
| 20/08/26 | Ruta 1 | Praia do Esteiro, Confraría de Vilanova de Arousa | 10-12 h |
| 21/08/26 | Ruta 1 | Praia de Compostela, Confraría do Carril | 9:30-11:30 h |
| 24/08/26 | Ruta 1 | Praia de Compostela, Confraría do Carril | 9:30-11:30 h |
| 24/08/26 | Ruta 2 | Praia de Compostela, Confraría do Carril | 11:30-13:30 h |
| 25/08/26 | Ruta 1 | Praia do Esteiro, Confraría de Vilanova de Arousa | 10-12 h |
| 26/08/26 | Ruta 1 | Combarro A Seca, Confraría de Raxó | 9:30-11:30 h |
| 26/08/26 | Ruta 2 | Combarro A Seca, Confraría de Raxó | 9:30-11:30 h |
| 27/08/26 | Ruta 1 | Praia de Deilán, Confraría de Vilaboa | 9:30-11:30 h |
| 27/08/26 | Ruta 2 | Praia de Deilán, Confraría de Vilaboa | 9:30-11:30 h |
| 28/08/26 | Ruta 1 | Praia de Deilán, Confraría de Vilaboa | 9:30-11:30 h |
| 28/08/26 | Ruta 2 | Praia de Deilán, Confraría de Vilaboa | 9:30-11:30 h |
| 31/08/26 | Ruta 1 | Os Praceres, Confraría de Lourizán | 11:30-13:30 h |
| 31/08/26 | Ruta 2 | Os Praceres, Confraría de Lourizán | 11:30-13:30 h |
Inscrición nas rutas
As Rutas sensoriais de marisqueo do proxecto "AWAVES" son unha oportunidade para coñecer de primeira man o patrimonio marítimo e marisqueiro da provincia de Pontevedra a través de experiencias participativas, educativas e sensoriais guiadas por profesionais do sector.
Para asistir ás actividades cómpre realizar unha inscrición previa a través dun formulario habilitado para cada unha das rutas programadas.
Todos os períodos de inscrición abriranse ás 9 horas das datas que se indiquen para cada ruta e publicaranse nos medios de difusión da Deputación de Pontevedra.
Cada persoa poderá presentar unha única solicitude, na que poderá incluír ata tres (3) persoas acompañantes, cun máximo de catro (4) persoas por inscrición.
O formulario permanecerá aberto ata completar o número máximo de vinte e cinco (25) persoas participantes por ruta. Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, as novas solicitudes pasarán automaticamente á lista de agarda.
Non se admitirán inscricións por vías distintas ao formulario habilitado para o programa.
Confirmación das rutas
A asignación das prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición ata completar o número máximo de persoas participantes establecido para cada ruta.
Unha vez pechado o período de inscrición, as persoas admitidas recibirán unha comunicación da organización coa confirmación da súa praza, así como a información necesaria para participar na actividade, incluídos o horario, o punto de encontro e as recomendacións para o desenvolvemento correcto da experiencia.
Será imprescindible confirmar a asistencia dentro do prazo indicado na comunicación remitida pola organización. En caso de non recibir resposta dentro dese prazo, entenderase que a persoa renuncia á súa praza.
As vacantes que poidan producirse cubriranse coas persoas integrantes da lista de agarda, seguindo sempre a orde de inscrición.
Non poderá participar ningunha persoa que non estea previamente inscrita e conte coa correspondente confirmación da organización.
Condicións do programa
- Todas as actividades do programa son gratuítas.
- As rutas desenvolveranse entre os meses de agosto e outubro de 2026, e poderán adaptarse ás condicións meteorolóxicas, ambientais, ás mareas e ás necesidades organizativas.
- As prazas son nominais, polo que será obrigatorio presentar o documento nacional de identidade (DNI) ao comezo da actividade.
- As persoas menores de idade que non dispoñan de DNI deberán estar acompañadas pola súa nai, pai ou persoa titora legal, que acreditará a pertenza á unidade familiar.
- Cada ruta contará cun máximo de vinte e cinco (25) persoas participantes e requirirá un mínimo de cinco (5) persoas inscritas e confirmadas para a súa realización.
- As persoas participantes deberán seguir en todo momento as indicacións do persoal responsable e respectar as normas de seguridade establecidas.
- O punto de encontro comunicaráselles unicamente ás persoas con praza confirmada.
- A organización poderá modificar, aprazar ou cancelar as rutas por razóns meteorolóxicas, ambientais, mareas, restricións da actividade marisqueira ou calquera outra circunstancia que lle afecte á seguridade ou ao desenvolvemento correcto da actividade.
Recomendacións e material
A empresa adxudicataria poñerá á disposición das persoas participantes chalecos, luvas, calcetíns refugables e botas.
Documentos