AWAVES: LISTEN TO THE ATLANTIC
Atlantic Waves for Advancing Visionary, Equitable and Sustainable Tourism and Heritage
“AWAVES” é un proxecto europeo de cooperación financiado polo programa “Interreg Espazo Atlántico” 2021–2027 e liderado pola Deputación de Pontevedra, orientado á recuperación, valorización e transmisión do patrimonio cultural marítimo do espazo atlántico, especialmente do carácter intanxible ligado á memoria, ás tradicións e á identidade das comunidades costeiras.
A través da innovación dixital, a participación cidadá e a cooperación entre rexións europeas, “AWAVES” promove un modelo de turismo cultural sostible baseado na conexión entre patrimonio, territorio e comunidade, reforzando a identidade atlántica como motor de desenvolvemento social, cultural e económico.

Novas
A Deputación pecha este mes de outubro os obradoiros de marisqueo do proxecto Awaves, con preto de 1.200 participantes desde o mes de agosto
05/10/2026
A Deputación abre o prazo para participar nos obradoiros de marisqueo de setembro do proxecto Awaves
03/09/2026
A Deputación impulsa un novo modelo de turismo sostible baseado no patrimonio marítimo a través do proxecto europeo AWAVES
30/06/2026