#SEDEDEVIGO

Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra

Un espazo para a cidadanía

"A nova sede ten un enorme potencial que transforma por completo a nosa presenza en Vigo e por iso queremos convertela nun marabilloso espazo para a cidadanía", resumía a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o día en que se anunciou o acordo de cesión do edificio por parte do Concello de Vigo.


Coa súa presenza na rúa de Eduardo Chao, a Deputación de Pontevedra quere contribuír á recuperación definitiva do centro histórico da cidade e a potenciar a programación cultural de Vigo, dando cabida no inmoble a todo tipo de expresións artísticas e a actividades realizadas en colaboración co tecido asociativo, o sector empresarial, a comunidade universitaria ou colectivos que traballan para garantir os dereitos sociais.

SALAS AO DISPOR DA CIDADANÍA
SALA DE PRENSA SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

SALA DE PRENSA SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

SALA DE EXPOSICIÓNS MARUJA MALLO

SALA DE EXPOSICIÓNS MARUJA MALLO

SALA DE I+D+I ÁNGELES ALVARIÑO

SALA DE I+D+I ÁNGELES ALVARIÑO

AULA MULTIUSOS ROSARIO HERNÁNDEZ DIÉGUEZ

AULA MULTIUSOS ROSARIO HERNÁNDEZ DIÉGUEZ

ZONA DE PROXECCIÓNS DOROTEA BÁRCENA

ZONA DE PROXECCIÓNS DOROTEA BÁRCENA

SALA PRINCIPAL ROSALÍA DE CASTRO

SALA PRINCIPAL ROSALÍA DE CASTRO

SERVIZOS E HORARIOS

Dirección: Rúa Eduardo Chao, 17 36202 Vigo

Teléfono: +34 986 80 41 00

Rexistro e atención á cidadanía: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

Procedemento de solicitude de reserva de espazos: www.sede.depo.gal 

Oficina do Oral (Xestión tributaria de recadación de recursos locais): de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

Oficina SmartPeme:

  • Horario de inverno: de luns a venres, de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas
  • Horario de verán (agosto): de luns a venres, de 9.00 a 14.30 horas

NOTICIAS DA SEDE DE VIGO

 
		A Deputación inaugura en Vigo a instalación “Un bel di vedremo” na que a artista Pilar Alonso reflexiona sobre os límites da intimidade

A Deputación inaugura en Vigo a instalación “Un bel di vedremo” na que a artista Pilar Alonso reflexiona sobre os límites da intimidade

A mostra foi creada de xeito específico para a Sala Maruja Mallo da sede viguesa onde poderá visitarse ata o 22 de xullo

 
		A Deputación consolida SmartPeme como a referencia do emprendemento en Galicia

A Deputación consolida SmartPeme como a referencia do emprendemento en Galicia

Carmela Silva presenta “os espectaculares datos do Servizo” con máis de 13.000 asesoramentos TIC a preto de 2.000 empresas e o lanzamento de cinco novas carteiras entre as novidades do período 2022-2024

 
		A Deputación reivindica en Vigo a Florencio Delgado como exemplo da loita polo país e o galego e “semente de novos proxectos para facer agromar unha Galiza infinda”

A Deputación reivindica en Vigo a Florencio Delgado como exemplo da loita polo país e o galego e “semente de novos proxectos para facer agromar unha Galiza infinda”

A sede de Vigo acolleu o espectáculo ‘Coa ledicia de voltar’ organizado polos departamentos de Lingua e Memoria

Video