Agenda de actividades provinciales
“Música no Ar” - Quinteto de Metais da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra
A Praza da Igrexa de Vila de Cruces será escenario este próximo sábado 2 de xullo, a partir das 21 horas, dunha nova actuación da terceira edición do programa “Música no Ar”, que a Deputación de Pontevedra ten en marcha co obxectivo de levar a música clásica a espazos patrimoniais da provincia como pazos, mosteiros, igrexas, bens de patrimonio industrial, conxuntos etnográficos e espazos protexidos cheos de maxia e historia
Información
O protagonista da noite será o Quinteto de Metais da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, unha agrupación musical composta por: Ainara González (trompa), Eduardo Narciso Seoane, Miguel Adrián Pazos (trompetas), Carlos Cabaleiro (trombón) e Francisco Javier Lavía (tuba). Este quinteto pontevedrés formado por músicos profesionais cunha ampla experiencia no mundo da interpretación e a docencia, conquistarán ao público con pezas como The Washington Post de John Philip Sousa, Guillermo Tell de Gioachine Rossini ou Danza húngara núm. 5 de Johannes Brahms entre outros.
As persoas interesadas en acudir a esta cita poderán asistir sen reserva, xa que a entrada é libre ata completar aforo.