17 MAIO

1978

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Antonio López Ferreiro

“Era unha desas seranciñas ausentes do mes de Mayo do ano 1378, e cerca da hora en que o boo de Lourenzo, xa canso da carreira do día parez como que se quer acochar. Pardas e pirguiseiras nubes recortadas á trechos por relumbrantes reberetes d’ ouro encobrían o ceo, e facíanlle capa aos paporrubios, aos melros, aos esquirbentes, aos ferreiros, ás bubelas, aos xirins, aos pinzons e a outros moitos paxariños, que cada un ao seu xeito e, como si foran á quen mais pode, cantaban, asobiaban e gorxeaban…”

 O castelo de Pambre (1895)

Antonio López Ferreiro

(Santiago de Compostela, 1837 – Vedra, 1910)

Foi un escritor, historiador e crego galego, membro da Real Academia Galega, colaborador de diversas publicacións, catedrático no seminario compostelán e un dos pioneiros da novela histórica en Galicia. O seu estilo destaca polo uso dunha linguaxe rica e polas coidadas descricións de acontecementos históricos e elementos arquitectónicos.

GRANDES ÉXITOS

1894

A tecedeira de Bonaval

A tecedeira de Bonaval, publicada en 1894, é unha novela histórica coa que podemos adentrarnos na situación de Galicia no século xvi e coñecer os enfrontamentos entre a burguesía e a nobreza naquela época.

O castelo de Pambre, publicada en 1895, é unha novela histórica ambientada na Galicia do século xiv na que se debuxan os conflitos entre as diferentes dinastías e as súas loitas polo poder.

O castelo de Pambre

1895

1905

A tecedeira de Bonaval

O niño de pombas, publicada en 1905, é unha novela histórica na que a acción discorre no século xii na contorna do mosteiro de Carboeiro en Silleda.

“Foi o primeiro que fixo novela en galego, agás o antecedente de Maxina ou a filla espúrea. Cultivou un xeito de narración histórica, na que fixo gala dun léxico ricaz, ben patente nas tres obras de xénero que saíron da súa pluma, A tecedeira de Bonaval, O castelo de Pambre e O niño de pombas.

Historia da literatura galega (1951). Francisco Fernández del Riego