Luis López recoñece o labor dos profesionais da Brigada “Galicia” VII nun encontro co xeneral e co coronel da Brilat, Alfonso Pardo de Santayana Galbis e Carlos Molina Franco

03/04/2024

Luis López xunto ao xeneral xefe da Brigada Galicia VII-Brilat, Alfonso Pardo de Santayana Galbis; e o xefe da Unidade de Servizos da Base General Morillo, o coronel Carlos Molina Franco

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este mércores no seu despacho do Pazo provincial ao xeneral xefe da Brigada "Galicia" VII-Brilat, Alfonso Pardo de Santayana Galbis; e ao xefe da Unidade de Servizos da Base General Morillo, o coronel Carlos Molina Franco. O encontro serviu para estreitar lazos entre ambas as institucións e para que os máximos responsables da base militar de Figueirido lle explicasen ao presidente provincial os programas e accións en marcha e de futuro.

Pola súa banda, Luis López felicitou o xeneral e o coronel polo traballo que están a realizar nesta base, pola profesionalidade de todo o persoal militar que lle dá forma á Brigada "Galicia" VII e polo labor que levan realizado ao longo dos últimos anos en misións internacionais. Do mesmo xeito, o presidente tendeu a man da Deputación para colaborar coa Brilat en todo o que sexa posible.