Os vicepresidentes da Deputación asisten á gala da Fundación Denis Suárez a favor da Asociación ARELA

22/03/2024

os vicepresidentes da Deputación na gala da fundación Arela

O vicepresidente e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, asistiron esta tarde no Palacio La Oliva (Vigo) á gala organizada pola Fundación Denis Suárez co obxectivo de recadar fondos a favor da Asociación ARELA. Esta entidade, dedicada a promover o desenvolvemento integral da infancia e da xuventude, benefíciase das liñas de axudas convocadas pola institución provincial para entidades sen ánimo de lucro que realizan actuacións con colectivos que precisan apoio social