Luis López apela á importancia da colaboración entre a Deputación e entidades coma Autismo Bata para mellorar a calidade de vida das persoas con necesidades especiais

O presidente provincial, acompañado pola deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, coñeceu o labor e as necesidades desta entidade nunha visita á súa sede de Vilagarcía de Arousa

01/04/2024

Visita á Asociación Autismo Bata con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, amosou o recoñecemento da Deputación ao labor pola inclusión social das persoas que presentan algún tipo de trastorno do espectro autista (TEA) que realizan as e os profesionais da Asociación Autismo Bata durante unha visita á sede desta entidade en Vilagarcía de Arousa. Acompañado pola deputada de Igualdade e Benestar Social, Sandra Bastos, o mandatario provincial reafirmou o apoio do Goberno provincial ás iniciativas que esta entidade ten en marcha, coma o programa de apoio en contextos naturais dirixido a persoas no espectro do autismo, ás súas familias e aos centros educativos; un proxecto do que se benefician preto de 65 persoas usuarias de xeito directo, así como as persoas do seu círculo, en todo o territorio da provincia.

Despois de percorrer as instalacións desta asociación en Vilagarcía de Arousa e de escoitar as explicacións sobre o traballo que realizan nestas aulas e as necesidades que presenta a entidade e as e os seus usuarios, o mandatario provincial deixou clara a vontade da Deputación de manter a colaboración coa Asociación Autismo Bata en todo o que sexa posible para que continúen ofrecendo un servizo que mellora non só a calidade de vida das persoas con TEA, senón que tamén favorece a súa integración na sociedade e mesmo facilita a conciliación da vida familiar e laboral das súas familias.

Neste sentido, Luis López puxo en valor a importancia deste colectivo, fundado en 1989 como unha “ponte” imprescindible para conectar as persoas, neste caso as que presentan TEA, cos recursos que ofrecen as distintas administracións. Unha colaboración que presta a Deputación a entidades como Bata para contribuír á integración das e dos seus usuarios na sociedade e a poñer á súa disposición o servizo especializado e de calidade que requiren estas persoas e os seus familiares.

Por iso, Luis López quixo darlles os parabéns e expresar o agradecemento do Goberno provincial polo seu labor a todas as persoas que lle dan forma ao colectivo Autismo Bata. Do mesmo xeito, reiterou o compromiso da Deputación de manter a colaboración nas súas iniciativas.

Compromiso coa inclusión

A visita do presidente da Deputación á sede deste colectivo enmárcase nunha serie de visitas con entidades sociais que traballan a prol da inclusión social e laboral de todas as persoas. Despois de garantir o apoio ao labor de Down Pontevedra Xuntos, Luis López confirmou a colaboración con Autismo Bata como reflexo do compromiso do Goberno provincial co tecido asociativo pontevedrés para mellorar a atención ás persoas que presenten calquera tipo de necesida

Galerias de imagenes