Rafa Domínguez mantivo un encontro co persoal técnico provincial do Museo

10/09/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra e responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez, mantivo un encontro co persoal técnico provincial en relación ás obras para a reapertura dos edificios García Flórez e Castro Monteagudo do Museo. O vicepresidente provincial asegurou que “esta obra é fundamental e vai ter todo o apoio da Deputación, porque levamos xa dez anos con estes edificios pechados e imos investir o que faga falta para que saia adiante”. Ademais, Rafa Domínguez enviou unha mensaxe de tranquilidade “a tanta xente que me preguntou pola rúa por este tema” ao garantir que “o camarote de Méndez Núñez seguirá e poderase ver unha vez os edificios reabran ao público”

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 7 - 8 de 8 resultados.