A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na celebración da Festa da Brincadeira de Bouzas

11/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez , desfrutou hoxe en Bouzas da Festa da Brincadeira, que chega este ano á súa 16ª edición. Aproveitando o sol e o bo tempo que luciu durante toda a xornada, pola mañá puido desfrutar dun paseo no que descubriu os postos do mercado tradicional e as demostracións de oficios, mergullándose así no ambiente de 1809 que cada ano recrean desde a Asociación de Veciños de Bouzas e da Asociación da Historia de Bouzas, organizadoras desta festa que conmemora a expulsión dos franceses desta vila mariñeira no século XIX.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.