A vicepresidenta Luisa Sánchez participa en Cambados na entrega de premios da XI Ruta do Albariño

01/05/2024

Entrega de premios da XI Ruta do Albariño

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá na entrega de premios da XI Ruta do Albariño-Memorial Modesto Sánchez “Teto”. A proba deportiva, que desde este ano forma parte do novo Trofeo Miño-Galaico, reuniu en Cambados a preto de 100 corredores da categoría júnior pertencentes a catorce clubs chegados de Galicia e de Portugal. Luisa Sánchez felicitou aos participantes nesta proba, que percorreron 106 quilómetros, nunha ruta que consistiu en dúas voltas a un circuíto inicial de 22 quilómetros e unha subida ao alto do Busto.