Luisa Sánchez asiste á entrega de trofeos da novena edición da “Pontevedra 4 Picos Bike – Desafío Rías Baixas”

11/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde de sábado á entrega de trofeos da novena edición da “Pontevedra 4 Picos Bike – Desafío Rías Baixas”, a proba de ciclismo de montaña BTT que tivo como protagonistas os montes de Xaxán, A Fracha, O Castrove e O Acibal, isto é, os catro picos que rodean a cidade de Pontevedra. Sánchez recordou que esta proba non competitiva de superación e de mellora persoal, apta tanto para deportistas profesionais como para afeccionados, conta co apoio da institución provincial.