Luisa Sánchez asiste ao 67º Concerto de Primavera da Coral Casablanca de Vigo

11/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde no Teatro Afundación de Vigo á 67ª edición do Concerto de Primavera (42 Memorial Camilo Veiga) que celebra a Coral Casablanca de Vigo, acompañada pola súa Orquestra Sinfónica. Na cita interpretáronse pezas como o ‘Coro de espigadoras’ da zarzuela ‘La Rosa del Azafrán’, ‘Don’t cry for me, Argentina’ da ópera Evita ou ‘Meu amor mariñeiro’ de Xose Luís Rivas e Manuel Alegre, entre outras.