A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez participa no Museo do Mar de Vigo na inauguración de “Retrato dun bosque de laminarias”

04/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar no acto de inauguración de “Retrato dun bosque de laminarias” no Museo do Mar de Vigo. A mostra, organizada pola Consellería do Mar, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Museo do Mar de Galicia recolle a intervención artística interdisciplinar levada a cabo en Galicia, principalmente na Ría de Vigo, pola artista Elena Alonso Fernández.