O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que recolle os froitos da décima edición de “Con Barqueira e Remador”

08/05/2024

Rafa Domínguez presenta Unha árbore cae

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada pola institución provincial que recolle os froitos da décima edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con Barqueira e Remador”.  Domínguez, que estivo acompañada por Yolanda Castaño, coordinadora da colección, e María Lado, autora do libro, remarcou o “enorme pracer” de colaborar anualmente con esta iniciativa e subliñou a aposta prioritaria da institución provincial pola cultura: “Somos conscientes da súa potencialidade e da importancia que ten desde o público apoiar o talento e a creatividade da nosa provincia”.

“Unha árbore cae” incorpórase á colección Cíes do catálogo da Editorial da Deputación de Pontevedra. A obra recolle os froitos da décima edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética celebrado en 2021 na Illa de San Simón, con versos en flamengo, eslovaco, albanés, grego, asturiano e galego.

Galerias de imagenes