O vicepresidente Rafa Domínguez fai entrega do Premio Organistrum á Mellor Sala na Gala de entrega dos XI Premios Martín Códax da Música 2024

15/05/2024

Rafa Domínguez nos premios Martín Codax

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde, xunto co deputado de Cultura Jorge Cubela, na gala de entrega dos XI Premios Martín Códax da Música que acolleu o Pazo da Cultura de Pontevedra. Durante o acto, Domínguez fixo entrega do Premio Organistrum á Mellor Sala.