Axenda de actividades provinciais

Exposición "Infiltracións. Mónica Alonso. A pel do Museo"

Desde 10/05/2024 ata 15/09/2024
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Exposicion Infilatracione

Co proxecto A pel do Museo da artista Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970), inaugúrase o ciclo de exposicións Infiltracións. Cada ano convidaranse dous artistas para presentar as súas obras en diálogo coa colección permanente do Museo de Pontevedra, como un xeito de fomentar a construción colectiva de aprendizaxes e achegarse a distintos públicos. Cada artista creará obras específicas coas que se irán incorporando progresivamente os discursos contemporáneos ao museo, sempre en relación con obras da colección, ofrecendo novas lecturas sobre os fondos.

Información

De martes a sábados: de 10 a 21 h

Domingos e festivos: de 11 a 14 h

Máis información