Benítez: “debemos garantir o dereito ao espazo público como escenario fundamental da vida colectiva”

O deputado de Mobilidade falou do modelo Ágora no IX Congreso da Rede de Cidades que Camiñan que leva o lema ‘Non hai cidade, faise ao camiñar’

07/10/2022

Congreso de Mallorca

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez asegurou hoxe no IX Congreso da Rede de Cidades que Camiñan que se está a celebrar en Palma de Mallorca baixo o lema ‘Non hai cidade, faise ao camiñar’, que é preciso que as administracións locais garantan “o dereito das persoas ao espazo público como escenario fundamental da vida colectiva”.

Fíxoo ante representantes municipais de concellos de todo o estado, ante os que explicou o ‘Modelo Ágora’ de recuperación do espazo público que se está a estender en boa parte dos concellos da provincia grazas á ‘Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público’. Destacou que está totalmente demostrado que o modelo “das persoas primeiro” e da a premisa de que o espazo público é un dereito é perfectamente aplicable en vilas de diferente condición, sempre adaptando ás características particulares de cada unha e puxo exemplos de actuacións xa efectuadas na provincia de Pontevedra que, retirando espazos aos coches para darllos ás persoas, melloraron a calidade de vida da cidadanía.

Benítez, na súa intervención, fixo unha comparativa de diferentes ubicacións na provincia, tal como a estrada de San Vicente do Grove, a avenida Luís Rocafort en Sanxenxo, a Praza de España de Ponte Caldelas, a Praza do Calvario en O Rosal, a actuación en Concepción Arenal en A Guarda, ou a Praza da Feira en A Estrada, entre outras, amosando con fotografías como estaban antes  das obras de mellora e como están na actualidade, todas elas “cheas de vida”.

O deputado subliñou que a Deputación seguirá a traballar co “compromiso e misión” de incrementar de forma substancial o espazo público para as persoas nos concellos da provincia e destacou que para facelo téñense implementado diferentes iniciativas e actuacións, así como subvencións para a redacción de proxectos e execución de obras sempre seguindo o decálogo do modelo Ágora.

Benítez fixo a súa exposición na mesa titulada ‘Espazos desexados’ celebrada esta tarde en Palma, na que tamén partiparon o arquitecto e profesor Mateus Porto; o alcalde de Maó, Héctor Pons; o tenente alcalde de Palma e responsable de Movilidad Sostible, Xisco Dalmau; o concelleiro coruñés de Urbanismo, Movilidad, Vivenda e Infraestruturas, Francisco Dinís Díaz. Todos eles ofreceron unha perspectiva múltiple dos avances que se están a producir  nas súas respectivas cidades e territorios.

O repaso á evolución do espazo público no congreso de Palma completouse na xornada con outros relatorios agrupados nas mesas tituladas ‘Cidades humanas’, ‘Zonas de Ben Estar’, e ‘Sinerxias e miradas urbanas’. No día de hoxe –xa na noitiña- tamén se ían entregar os premios a dúas vilas da provincia, Vilagarcía e Tomiño, concellos aos que o deputado destacou pola súa aposta de recuperación de espazos formando parte da rede ‘Agora’.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 11 resultados.