Luis López realiza un tramo da etapa decisiva do Gran Camiño entre Ponteareas e o monte Aloia, en Tui

28/01/2024

Etapa  do Gran Camiño entre Ponteareas e o monte Aloia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo nunha ruta ciclista entre Ponteareas e o monte Aloia, en Tui, enmarcado nos actos da proba ciclista O Gran Camiño, que conta co apoio do organismo provincial. O dirixente compartiu esta experiencia co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, co organizador da carreira, Ezequiel Mosquera, cos exciclistas profesionais Óscar Pereiro e Álvaro Pino, así como con outros afeccionados ao deporte da bicicleta.

O Gran Camiño, que se desenvolverá entre o 22 e o 25 de febreiro, é unha cita de relevancia internacional que recibe o apoio da Deputación de Pontevedra, dentro da súa aposta estratéxica polo deporte. Precisamente, a etapa entre Ponteareas e o monte Aloia, en Tui, terá lugar o derradeiro día da proba, polo que será decisiva para a clasificación dos corredores.

Etapa  do Gran Camiño entre Ponteareas e o monte Aloia
— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.