Camelia williamsii 'E. G. Waterhouse'

Camellia x williamsii 'E. G. Waterhouse'

Camelia williamsii 'E. G. Waterhouse'

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración no inverno e na primavera

Orixe: orixinada en Australia en 1946.

Porte e altura: arbusto forte e vigoroso de porte erguido.

Follas: escuras, sen brillo, de 6,5 a 7,5 cm de longo e 3,5 a 4 cm de ancho; elípticas, coa marxe dentada e co ápice apuntado.

Flores: grandes, duns 10 cm de diámetro, cor rosa homoxénea, dobre formal imbricada, con numerosos pétalos dispostos en moitas liñas, con forma redondeada a elíptica, marxe lisa e escotado, cóncavos.

Outros datos: empeza a florecer en xaneiro e termina en abril.

Usos e curiosidades: é moi valorada como ornamental. Foi nomeada polo propio E. G. Waterhouse, e recibiu o Premio Edward H. Metcalf en 1962, e o Premio do Salón Nacional da Fama da Camelia en 1978.

Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma. É adecuada para a formación de sebes.