Luisa Sánchez na clausura da Asemblea Xeral Ordinaria da Confederación Empresarial de Pontevedra

07/04/2025

Clausura da Asemblea Xeral Ordinaria da Confederación Empresarial de Pontevedra

 

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe en Vigo á clausura da Asemblea Xeral Ordinaria da Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) que correu a cargo de Manuel Campo Vidal, xornalista e profesor de comunicación. Na xuntanza proxectouse un vídeo coas actividades realizadas polo consello asesor da CEP tralo que interviñeron o presidente e a vicepresidenta da entidade, Jorge Cebreiros e Sabela Pérez respectivamente. O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, foi o encargado da clausura.