A vicepresidenta, Luisa Sánchez, asiste en Vigo á Homenaxe do Grupo Etnográfico A Buxaina

23/03/2024

Homenaxe do Grupo Etnográfico A Buxaina

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde no Teatro Afundación en Vigo á Homenaxe que realiza anualmente o Grupo Etnográfico A Buxaina, pertencente ao Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo, desde hai 33 anos. A entidade recoñeceu este ano o labor da bailadora da Fonsagrada Oliva López López e mais do gaiteiro de Arzúa Julio Vázquez Carril para a conservación e transmisión do baile e música tradicionais.

A vicepresidenta provincial asegurou que “sodes un orgullo para toda Galicia” polo seu afán por “seguir mantendo vivas a cultura popular e as tradicións do noso pobo”. Luisa Sánchez lembrou que a Deputación de Pontevedra “quere que todas as aldeas e os barrios da nosa provincia se enchan de cor e, para iso, tendemos pontes co sector cultural para apoiar que sigades mantendo a vosa actividade, dinamizando todo o territorio e espallando o voso amor pola cultura”.