#TRANSPARENCIA

Encomendas de xestión

O noso ordenamento xurídico prevé a realización de encomendas de xestión, que supoñen a realización de actividades de carácter material, técnico ou de servizos, entre órganos da mesma ou de diferentes administracións ou entidades por razóns de eficacia ou cando non se posúan os medios técnicos idóneos para o seu desempeño.


A encomenda de xestión non supón unha cesión da titularidade da competencia nin dos elementos substantivos do exercicio, e é responsabilidade do órgano ou entidade encomendante ditar cantos actos e resolucións de carácter xurídico dean soporte ou integren a actividade concreta material obxecto da encomenda.

Atopámonos ante unha das técnicas de alteración do exercicio da competencia recollidas no artigo 8 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, o que supón unha manifestación da capacidade organizativa da Administración, é dicir, do seu poder de autoorganización, que se debe exercer sempre con respecto a aqueles principios e aspectos da organización administrativa regulados na Constitución e na devandita lei.

Neste apartado recóllense encomendas acordadas polos diferentes órganos ou servizos da Deputación de Pontevedra en cumprimento das obrigas previstas na normativa vixente en materia de transparencia e na citada lei.

ASUNTO INICIO FIN
Encomenda de xestión á Deputación das tarefas de apoio e asistencia técnica na contratación das actuacións de mellora de eficiencia enerxética na fachada do centro UNED de Pontevedra 10/02/2026 09/02/2028
Encargo á empresa TRAGSATEC S.A. S.M.E. M.P., como medio propio da Deputación provincial de Pontevedra, da xestión do servizo de recollida de animais abandonados na provincia de Pontevedra e do centro de acollida e protección de animais de Armenteira (período 2026-2027) 01/01/2026 31/12/2027
Encargo á empresa TRAGSATEC S.A. S.M.E. M.P., como medio propio da Deputación provincial de Pontevedra, da xestión do servizo de recollida de animais abandonados na provincia de Pontevedra e do centro de acollida e protección de animais de Armenteira (período 2024-2025) 01/01/2024 31/12/2025
Encargo á empresa TRAGSA S.A., S.M.E. MP que abarca os servizos de traslado e reinstalación de diversos equipos fixos do taller mecánico do Parque de Maquinaria e instalacións provisionais 13/01/2023 13/04/2023
Encargo á empresa TRAGSA S.A S.M.E. M.P, como medio propio da Deputación de Pontevedra, da xestión do servizo de mantemento dos centros de compostaxe comunitaria abicados no Centro Príncipe Felipe 05/06/2021 31/10/2021
Encargo á empresa Tragsatec S.A. S.M.E. M.P, como medio propio da Deputación de Pontevedra, a xestión do servizo de recollida de animais abandonados na provincia de Pontevedra e do centro de acollida de protección de animais de Armenteria 01/01/2022 31/12/2023
Encargo á empresa TRAGSA S.A. S.M.E. M.P, como medio propio da Deputación de Pontevedra, a execución de todas as actuacións derivadas da restauración ambiental da Xunqueira de Alba 01/01/2022 01/01/2023