A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao acto de presentación do programa Crear Porvir polo 75 aniversario da Editorial Galaxia
17/01/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe en Vigo á presentación do programa de actividades de 75 aniversario da Editorial Galaxia (1950-2025), que se celebrará baixo o lema Crear Porvir. Na xuntanza, os responsables da editorial compartiron ao detalle as accións e iniciativas que van desenvolver ao longo deste 2025 para celebrar o seu traballo e compromiso a prol da nosa cultura.