#MOBILIDADE

Nova Bauhaus Europea

A Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público está recoñecida polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) como unha iniciativa aliñada coa Nova Bauhaus Europea, un movemento impulsado pola presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen, para construír espazos de vida sustentables e accesibles. 


O Departamento de Mobilidade, a través do deputado Uxío Benítez, participou no mes de xuño en Madrid nunha xornada organizada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para expoñer a proposta pontevedresa da Rede Ágora para recuperar o espazo público.

A Deputación tamén participou no I Foro Urbano de España que tivo lugar en Sevilla dentro das intervencións sobre a Nova Bauhaus.