#PolígonoIndustrial

Polígono industrial de Barro

O polígono de Barro é un conxunto industrial situado na confluencia entre os concellos de Barro e Meis e moi próximo á AP-9, na súa saída cara á AG-45 dirección Sanxenxo.


En total conta con máis de 1.100.000 m² repartidos en tres ámbitos de actuación:

  • SUI-1 Barro: 170.961 m2
  • SRA Outeda-Curro: 490.737 m2
  • SUI-2 Meis: 438.393 m2

A súa gran vantaxe competitiva é a situación: a 36 km do aeroporto de Peinador (Vigo), a 50 km do aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela), a 17 km do porto de Marín e a 15 km do porto de Vilagarcía de Arousa.

Coa creación deste polígono, a Deputación de Pontevedra pretende satisfacer a importante demanda de solo industrial na provincia, fundamentalmente no contorno das áreas urbanas, onde a súa carencia obstaculiza o desenvolvemento económico equilibrado. Neste contexto resultou prioritario crear parques de reserva empresarial para ampliar, deste xeito, o horizonte de oportunidades existentes e atraer investimentos empresariais que contribuísen ao incremento económico e, por extensión, aumentasen as oportunidades laborais e o grao de expresión social.

Terreos e parcelas

O polígono industrial de Barro conta con 76 parcelas resultantes do proxecto de parcelamento, a un prezo de 99 €/m² mais IVE para pagar en dez anos

Plano actualizado das parcelas do polígono industrial (actualizado a 12/04/2024)

Empresas instaladas no polígono
  • Estación de Servizo Low Cost 2015. Parcela 1 (tipo A, 1.800,00 m²): gasolineira de baixo custo
  • T. C. Group Atlántico. Parcelas 2 e 3 (tipo A, 3.600,00 m²): exportación e importación de froitas e verduras
  • Aricur. Parcela 6 (tipo A, 1.800,00 m²): escavación e transporte de areas e gravas
  • Balvalen. Parcelas 7 e 8 (tipo A, 4.992,00 m²): servizos de transporte
  • Hijos de Rivera (Estrella Galicia). Parcelas 10 e 14 (tipo A, 5.375,86 m²): centro loxístico para a distribución de Estrella Galicia na provincia
  • Rafael Díaz Buceta. Parcela 11 (tipo A, 2.459,95 m2): transporte de madeira
  • Novas Rías. Parcela 12 (tipo A, 1.800,00 m²): axencia de aluguer de autobuses
  • José Benito González Villaverde (Trabegóns) e  Parcela 9 (tipo A, 1.800,00 m2) : transporte de mercadorías
  • Frutas Moncho. Parcela 16 (tipo A, 2.080,37 m²), parcela 13 (tipo A, 1.941,00 m²) e parcela 19: (tipo A, 2.279,32 m2); venda de froitas e verduras
  • Transfrío. Parcela 17 (tipo A, 3.071,74 m2), parcela 15 (tipo A) e parcela 18 (tipo A): transporte de pescado e marisco fresco
  • Mariscos Alumar. Parcelas 1 e 3 e 5(tipo B, 3.437,77 m2): cocedoiro de mariscos
  • Docer. Parcela 2 (tipo B, 1.525,45 m²): instalación e mantemento de chemineas, estufas e sistemas de calefacción
  • Gescogra. Parcela 6 (tipo B, 2.082,03 m²): industria dedicada á transformación de granito e cuarzo
  • Gasóleos Xeve. Parcela 7 (tipo B, 2.336,10 m²): distribuidora de gasóleos a domicilio
  • Distribuciones Froiz. Parcelas da 1 á 18 (tipo D, 88.807,06 m²): centro loxístico para a distribución de alimentación
  • EDF Solar. Parcelas 1 e 3 (tipo E, 6.394,77 m²): enerxías renovables
  • Caenor. Parcela 2 (tipo E, 2.542,91 m²): deseño e fabricación de encofrados e moldes metálicos para o prefabricado de formigón e obra civil
  • Artesa Rías Baixas. Parcela 10 (tipo E, 2.142,65 m2): venda de produtos de hostalaría e restauración
  • Acuña Investing. Parcela 20 (tipo A, 3.768,48 m2): compravenda, adquisición, alleamento, urbanización, edificación, división, disposición e arrendamento de toda clase de terreos, edificios, solares etc.
  • Mafari Café, S. L. U. Parcelas 21, 23 e 25 (tipo A, 6.146,74 m2, 4.200,00 m2 e 3.737,03 m2): outro comercio polo miúdo de produtos alimenticios en establecementos especializados
  • PROSOL ENERGÍA, S.L. Parcelas 9 e 12 (tipo E, 2.142,65 m2): construcción, instalación, explotación e mantemento de instalación de enerxía solar 
  • Gestión de Recursos Industriales y Maquinaria S.L., Parcela 7 (tipo E, 2.142,65 m2): actividade inmobiliaria relativa á tenencia e arrendamento de inmobles, e investimento inmobiliario en xeral)
  • Distribuciones Maroño e Hijos S.L., Parcela 11 (tipo E, 2.142,65 m2): distribución de produtos de alimenticios e bebidas
Vantaxes de instalarse no polígono

Porque unha boa situación maximiza beneficios. Pola dispoñibilidade de espazo… Estes son algúns dos motivos polos que os polígonos industriais se converten, en moitas ocasións, na mellor opción para situar unha empresa. No caso do polígono de Barro, que ten dispoñibles parcelas, naves ou oficinas para as empresas, outras vantaxes específicas son:

  • A localización estratéxica
  • O Concello e a Deputación de Pontevedra impulsan o crecemento das empresas a través dos seus programas de axudas, complementando as convocatorias europeas, nacionais, autonómicas e provinciais
  • A existencia de boas infraestruturas de servizos para o desenvolvemento social e industrial
  • A ampla oferta de solo dispoñible e provisto de excelentes servizos
  • Os servizos comúns
  • O gran volume de man de obra en todos os niveis de formación
  • O asesoramento técnico, o apoio, o acompañamento e o seguimento no proceso de implantación
  • Os prezos altamente competitivos
Contacto e como chegar

CONTACTO

  • Para cuestións administrativas do polígono industrial:
    • Técnico-colaborador do polígono: Gabriel Rodríguez Alonso
    • Teléfono: 986 804 100 (ext. 40360
    • Correo electrónico: gabriel.rodriguez@depo.es
  • Para cuestións técnicas
    • Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Colaborador do polígono: Diego de la Mata Pombo
    • Teléfono: 986 804 100 (ext. 40509)
    • Correo electrónico: diego.delamata@depo.es

COMO CHEGAR: coordenadas: 42.516687, -8.676986

Viveiro de empresas

O viveiro de empresa de Barro responde a finalidade de facilitar o desenvolvemento de iniciativas económicas de interese para a provincia nun contorno económico e empresarial complexo que demanda proxectos empresariais creativos, innovadores e sólidos.

Son unha estrutura de acollida temporal de empresas dirixida a encamiñalas nos seus primeiros pasos no mercado, prestarlles servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial e favorecer a colaboración entre elas.

Máis informaicón en viveiros de empresas

Centro de servizos e apoio empresarial

O centro de servizos e apoio empresarial do polígono de Barro atende as demandas das e dos emprendedores do viveiro, as das empresas que están en funcionamento no polígono e as das persoas alleas a el que se atopen pola zona ou se acheguen a algunha xestión ou á cafetería, ás salas de reunións e consulta, aos espazos coworking, ao FabLab ou ás oficinas de atención ao público.

O apoio, tanto en formación como en orientación e asesoramento, pode marcar a diferenza entre o éxito e o fracaso dun proxecto, e esta é a principal función deste espazo, que desde xullo de 2017 está á disposición das persoas emprendedoras da provincia.

Este centro está construído nunha parcela de 1.536 m² anexa ao viveiro de empresas e dispón dunha superficie útil de 1.200 m² distribuida en tres plantas.

A edificación componse de zona de servizos comúns e públicos e alberga na planta baixa a zona de control, a cafetería e o FabLab; na primeira planta o espazo coworking, unha sala multiusos e unha sala de reunións, e na planta baixo cuberta distribúense os cuartos necesarios para a utilización das instalacións.

Distribución da planta baixa e primera do Centro de servizos e apoio empresaria (pdf)

Servizos

  • Administración: O centro é atendido de luns a venres, en horario ininterrompido de 8 a 22 horas, por persoal da Deputación, que se encarga da atención ao público e ás persoas usuarias e das instalacións, ademais velar polo bo funcionamento destas.
  • Cafetería: Establecemento de 175,65 m², de pública concorrencia, pechado e cuberto, no que se lle serve ao público de maneira profesional e permanente, mediante prezo, bebida e comida dentro do horario de apertura das instalacións.
  • Coworking: A través desta iniciativa a Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación de Pontevedra pretenden fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos de negocio que participen destes espazos de coworking nun período limitado de tempo, identificando os proxectos con máis potencial de desenvolvemento.

Espazos

O centro de servizos e apoio empresarial de Barro conta con dúas salas, unha multiusos e outra de reunións, á disposición das persoas interesadas que precisen de espazos destas características debido á súa actividade.

  • Sala de reunións: 85,05 m² que as persoas emprendedoras usuarias do polígono, do viveiro de empresas ou do centro de servizos e apoio empresarial poden utilizar para a realización de actividades relacionadas co seu traballo.
  • Sala multiusos: 170,00 m² que constitúen un espazo versátil polas posibilidades de utilización que presenta ao longo de todo o ano para actividades como charlas, conferencias, congresos, convencións, exposicións, grandes reunións de empresa ou actos sociais relacionados co emprendemento.
Licitacións

ANO 2022