#MOBILIDADE

Polis

Cities and regions for transport innovation

Polis, a Rede Europea para a Innovación no Transporte, cualificou recentemente o proxecto Ágora para recuperar espazo público na provincia de Pontevedra como “unha boa práctica inspiradora” e “un magnífico exemplo” para outras cidades europeas.


A Deputación, a través do Departamento de Mobilidade, participou nunha comisión de traballo sobre seguranza viaria para expoñer o seu modelo xunto a representantes de Flandes, Oslo, Londres ou Xerusalén, entre outras.

Ademais, o proxecto Ágora foi seleccionado como protagonista da edición especial da revista Thinking cities titulada “Inside Urbanism Next Europe 2021” e editada por Polis. Nesta, Ágora é o eixe central dunha reportaxe titulada “A provincia das persoas primeiro”.

Ligazóns de interese